Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pedagoxía Terapéutica

Dinámicas de inicio de curso para Infantil e Primaria

Imaxe
Un novo curso é sempre o comezo dunha nova etapa… e este ano temos un camiño moi especial por diante!   Co inicio do curso chega tamén o momento de reencontrarnos, coñecernos, recuperar rutinas, crear vínculos e descubrir todo o que imos vivir xuntos nos vindeiros meses. E que mellor maneira de facelo que poñéndonos en camiño? Este curso, o noso proxecto anual xira arredor do Camiño de Santiago , unha temática que nos permitirá converter o centro nun auténtico espazo de aventura, descubrimento e aprendizaxe. Por iso preparei un conxunto de dinámicas de inicio de curso para Educación Infantil e Educación Primaria , todas elas ambientadas no Camiño e pensadas para que os primeiros días sexan unha oportunidade para coñecernos, expresarnos, compartir, sentirnos parte do grupo e comezar a construír a nosa propia ruta . Un camiño que comeza en setembro. Porque antes de chegar a Santiago hai que dar o primeiro paso… As primeiras xornadas de curso son fundamentais para favorecer un bo clim...

Planificamos o noso camiño

Imaxe
Todo gran camiño comeza cun primeiro paso… pero tamén cunha boa planificación! Dentro do noso proxecto “O Camiño de Santiago” , presentamos a nosa PLANTILLA DE PLANIFICACIÓN , unha ferramenta que nos axudará a organizar as nosas ideas, os nosos retos e todo aquilo que queremos descubrir ao longo desta aventura. Porque aprender tamén é planificar, tomar decisións, organizarse, revisar o camiño e descubrir que somos capaces de chegar moito máis lonxe do que imaxinabamos.   E neste curso temos un destino moi especial… SANTIAGO DE COMPOSTELA! Cada actividade será unha etapa. Cada descubrimento, unha nova frecha amarela. Cada aprendizaxe, un paso máis. E cada neno e nena… un peregrino/a protagonista da súa propia aventura.   Preparados/as para comezar? BO CAMIÑO, PEREGRINOS E PEREGRINAS!

Unha ponte entre o cole e a familia

Imaxe
Cando nos comunicamos, acompañamos. Cando compartimos, avanzamos xuntos. ❤️ Durante o curso 2024-2025 puxemos en marcha, noso centro unha AXENDA DE COMUNICACIÓN para o o noso alumnado, un recurso pensado para favorecer unha comunicación fluída, accesible e bidireccional entre a escola e a familia . Esta axenda permite compartir información relevante, anticipar situacións, detectar necesidades e poñer en común pequenos avances que, para cada neno e nena, poden ser grandes pasos.  Porque a inclusión tamén significa crear canles de comunicación que se adapten ás persoas e ás súas necesidades. Familia + Escola = EQUIPO Un equipo que observa, escoita, comparte e acompaña.

Asamblea: Proxecto Camiño de Santigo

Imaxe
  Este curso comezamos a camiñar xuntos por unha aventura moi especial: o Camiño de Santiago . E para que todas e todos poidamos participar, comprender, anticipar e expresarnos , a nosa asamblea incorpora apoios visuais como parte esencial da rutina. 🗓️ Que día é hoxe? 🌦️ Que tempo fai? 📅 En que mes estamos? 😊 Como me sinto? Utilizamos pictogramas, fotografías, símbolos, xestos, palabras clave e elementos manipulativos para facilitar a comprensión e a comunicación, respectando os diferentes ritmos e formas de aprender. Porque os apoios visuais non son só para quen os precisa : axúdannos a organizar o pensamento, anticipar as actividades, favorecer a autonomía, mellorar a atención e facer da aula un espazo máis accesible para todas e todos. 🎒 Cada mañá preparamos a mochila. 👣 Cada día damos un paso. ⭐ E entre todos e todas chegamos un pouquiño máis lonxe. Bo Camiño!

Nova axenda, novo proxecto

Imaxe
 Ola burbulleras e burbulleros! Xa sei que aínda acabamos de pechar o curso 2025-2026 pero hoxe traio algo para que empecedes a programar o voso 26-27. Eu xa teño a miña para empezala a encher de novos retos, novas actividades, cursos de formación e rexistrar ao alumnado que fará os meus días máis alegres. A axenda este ano, está por unha banda para os titores de primaria e infantil (escollede carátula e folla de rexistro do voso alumnado) e pola outra os especilistas de PT e AL (con carátulas diferentes e dous anexos ao final das mesmas por se tedes que elaborar PI e/ou dar o PELO). Por último a axenda de Orientación na que incluín apartados concretos para rexistrar diferentes aspectos que me son de utilidade no día a día e con esta intención comparto o traballo realizado. Espero que vos sexan de utilidade. A disfrutar destes días de verán que nos quedan queridos e queridas burbuller@s!

Técnicas de modificación de conduta

Imaxe
  A técnica da tartaruga: unha ferramenta sinxela para aprender a autocontrolarse A técnica da tartaruga é unha estratexia de educación emocional moi útil para axudar aos nenos e nenas a controlar o seu comportamento , xestionar o estrés e responder de maneira máis calmada ante situacións difíciles. É doada de ensinar, visual, divertida e funciona especialmente ben en idades temperás. En que consiste? A idea é sinxela: cando a tartaruga sente perigo, métese dentro da cuncha para protexerse e calmarse . Do mesmo xeito, o neno ou nena aprende a «meterse na súa cuncha» cando sente enfado, frustración, medo ou nerviosismo. Esta «cuncha» é unha pausa consciente que lle permite recuperar o control antes de actuar. Como se aplica paso a paso? 1. Detectar a emoción O primeiro é que a criatura identifique que está a sentirse mal: enfadada, tensa, molesta… Aprender a recoñecer isto xa é unha parte importante do proceso. 2. Entrar na “cuncha” Invítase o neno/a a imitar unha tartarug...

Lince

Imaxe
 Boas tardes burbulleros/as! Hoxe traio un xogo para traballar a atención, tanto se temos como non lecto-escritura. Déixovos un lince coa temática de Samaín para ir tremendo pouco a pouco durante este mes de outubro e de paso... traballar un pouco vocabulario sobre esta noite terrorífica. Bo Samaín burbulleras/os! castellano

Horario de aula

Imaxe
 Bos días! Preparados e preparadas para o que ven? Hoxe traigo un horario para a aula, sinxelo e concreto con horas marcadas que podedes variar en función das vosas horas de centro. Despois de recortar cada parte, platificade e montade para que o voso alumnado poda nutrirse da anticipación que lle dedes. Bo comezo!

Favorecemos a linguaxe natural asistida

Imaxe
 Boas tardes burbulleras/os! Aos meus alumnos, ás veces cústalles comunicar o que necesitan en cada momento e a merenda paréceme un momento estupendo para poder favorecer pouco a pocuo esta linguaxe. Hoxe traio uns salvamanteis que elaborei para o meu alumnado con divesidade funcional coa finalidade de dar ideas para que vós tamén podades favorecer a mesma. Espero que vos sexan de utilidade. Descargade, plastificade coa foto do voso/a alumno/a e a traballar.  NOTA: no plato da comida deberes poñer o picto ou foto real dos alimentos que traen no seu tupper todas as mañás. Durante a sesión previa á merenda podedes preparar os vosos salvamanteis para despois traballalo mentras executades a mesma. Un saúdo

Que ou quen é?

Imaxe
 Boas tardes burbulleras/burbulleros! Hoxe traio un xogo para traballar estes obxectivos: Fomentar a comprensión oral e escrita a través dunhas tarxetas de imaxes Promover a capacidade de observación e atención a través do xogo Para empregar o material simplemente descarga, plastifica as tarxetas e traballa de maneira lúdica con nenas e nenos dende os 3 anos. Na etapa de Educación Infantil podemos lelas nós, traballando así a comprensión oral. Cando xa teñan adquirida a lecto escritura poden ler e contestar eles mesmos/as. Podemos facer dúas copias e na segunda poñer as respostas correctas de modo que sexan eles quenes comproben e se autoavalíen. Espero que vos sexan de utilidade! Galego Castelán

Novo curso, nova axenda!

Imaxe
  Ola burbulleras e burbulleros! Xa sei que aínda acabamos de pechar o curso 2024-2025 pero hoxe traio algo para que empecedes a programar o voso 25-26. Eu xa teño a miña para empezala a encher de novos retos, novas actividades, cursos de formación e rexistrar ao alumnado que fará os meus días máis alegres. A axenda este ano, está por unha banda para os titores de primaria e infantil (escollede carátula e folla de rexistro do voso alumnado) e pola outra os especilistas de PT e AL (con carátulas diferentes e dous anexos ao final das mesmas por se tedes que elaborar PI e/ou dar o PELO). Por último a axenda de Orientación na que incluín apartados concretos para rexistrar diferentes aspectos que me son de utilidade no día a día e con esta intención comparto o traballo realizado. Espero que vos sexan de utilidade. A disfrutar destes días de verán que nos quedan queridos e queridas burbuller@s! Axenda de PT/AL: Axenda de Orientación: Axenda de Infantil e primaria (titorías):

Seguimos con lecturas comprensivas

Imaxe
De una manera lúdica también podemos trabajar la comprensión lectora. Se trata de una serie de tarjetas para trabajar a nivel de 1º de Educación Primaria.  Os dejo unos ejemplos por si os pueden servir para crear las vuestras propias o para implementarlas en el aula. Espero que os sean de mucha utilidad! Buenas tardes burbuller@s! Galego Castellano

Proxecto piratas

Imaxe
 Benqueridos e benqueridas burbuller@s! Hoxe traio un material especial para traballar acerca dos piratas na etapa de infantil. Dende xogos ata un pequeno proxecto que irei ampliando a medida que os nosos nenos e nenas vaian rematando as tarefas correspondentes. Espero que vos sexa de moita utilidade e se o empregades, mo fagades saber para ir mellorando pouco a pouco os recursos subidos. Un saúdo e imos a pola semana.   Almanaque Ods Dominó  Baralla pirata    Tarxetas lecto Pasaporte pirata Proxecto pirata Vocabulario pirata Asamblea pirata manipulativa. Abecedario pirata

Deseño Universal de Aprendizaje

Imaxe
 Boas burbulleros/as: É hora de ir subindo todo o que durante este curso elaborei e, por falta de tempo non compartín. Traio hoxe unha roda DUA, unha con enlaces aos diferentes recursos que vos incluín nela. Moitas xa as conoceredes polo que non vos conto novidade. Espero que vos sexa de utilidade así como o material explicativo da mesma. Seguide desfrutando do verán!

Axendas e cuadernos para todos e todas

Imaxe
 Ola burbulleras e burbulleros! Xa sei que aínda acabamos de pechar o curso 2023-2024 pero hoxe traio algo para que empecedes a programar o voso 24-25. Eu xa teño a miña para empezala a encher de novos retos, novas actividades, cursos de formación e rexistrar ao alumnado que fará os meus días máis alegres. Este ano, teño deseñada esta por apartados para que cada un e unha monte a súa axenda ou caderno como máis guste. Tedes os apartados máis específicos todos aunados e pola outra banda, ao final, todos os referentes ás planificacións, anexos, reunións familiares.... Espero que vos sexan de utilidade. Ahhh! O anexo de atención á diversidade está no xenérico para que todos e todas podades darlle resposta as necesidades da vosa aula. Bo verán queridos e queridas burbuller@s! Orientación: PT:            Primaria:        Infantil:          AL:      Dirección:          ...

Semana das Múltiples capacidades

Imaxe
 Bos días a todos e todas! A semana que ven celébrase o Día das "Múltiples Capacidades" polo que vos deixo un pequeno conto e unha ficha para traballar co voso alumnado se as considerades de interese. Na entrada do ano pasado tamén tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional. Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas de convivenvia que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade. A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL. Tedes o material a vosa disposición premendo na seguinte imaxe:

Ao trivial xogando e os contidos reforzando

Imaxe
 Ola compañeiras e compañeiros! Hoxe é domingo e toca descansar, desfrutar coa familia e... porque non... xogar un pouquiño. Que tal viría un xogo de mesa para repasar os contidos dos dous primeiros temas das áreas de terceiro de Educación Primaria? Déixovos un trivial para traballar tanto na casa (eu vouno mandar de empréstito para as familias os fines de semana, por se lles apetece xogar unha miguiña) como no cole. Tanto as instrucións do xogo como os materiais para montar o mesmo está no documento que teredes pinchando na imaxe. Espero que vos sexa de utilidade e desfrutade.  Se o empregades encataríame ver as fotos de como vos quedou! Bo domingo!

Temas 2 de linguas e ciencias naturais

Imaxe
  Ola burbulleros/as. Como foi a semana? Déixovos por aquí 3 documentos relativos aos segundos temas de Ciencias Naturais, Lengua e Lingua. Durante este ano compartireivos material tanto de PT como de estas tres áreas de 3º de primaria. Espero que vos sexa de utilidade. Para visualizar ou descargar calquera de estes documentos pinchade en cada unha das imaxes. Recordade que debedes imprimir e recortar para cada alumno/a que teñades na vosa aula xa que é material de apoio para estudar, repasar contidos e facilitar a adquisición das aprendizaxes. Un saúdo e bo fin de semana!