Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Semana de Nadal

Xa queda pouco para as vacacións e, polo tanto, tamén debemos xogar aprendendo e aprender xogando. Traiovos un recopilatorio de actividades para traballar a lecto escritura, a atención, as matemáticas e o vocabulario básico desta época do ano. Espero que vos sexa de utilidade e poidades aproveitalo. Tedes o material dispoñible para descargar en galego e en castelán. Bo final de trimestre burbuller@s.