Dinámicas de inicio de curso para Infantil e Primaria
Un novo curso é sempre o comezo dunha nova etapa… e este ano temos un camiño moi especial por diante! Co inicio do curso chega tamén o momento de reencontrarnos, coñecernos, recuperar rutinas, crear vínculos e descubrir todo o que imos vivir xuntos nos vindeiros meses. E que mellor maneira de facelo que poñéndonos en camiño? Este curso, o noso proxecto anual xira arredor do Camiño de Santiago , unha temática que nos permitirá converter o centro nun auténtico espazo de aventura, descubrimento e aprendizaxe. Por iso preparei un conxunto de dinámicas de inicio de curso para Educación Infantil e Educación Primaria , todas elas ambientadas no Camiño e pensadas para que os primeiros días sexan unha oportunidade para coñecernos, expresarnos, compartir, sentirnos parte do grupo e comezar a construír a nosa propia ruta . Un camiño que comeza en setembro. Porque antes de chegar a Santiago hai que dar o primeiro paso… As primeiras xornadas de curso son fundamentais para favorecer un bo clim...