Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Asamblea

Asamblea: Proxecto Camiño de Santigo

Imaxe
  Este curso comezamos a camiñar xuntos por unha aventura moi especial: o Camiño de Santiago . E para que todas e todos poidamos participar, comprender, anticipar e expresarnos , a nosa asamblea incorpora apoios visuais como parte esencial da rutina. 🗓️ Que día é hoxe? 🌦️ Que tempo fai? 📅 En que mes estamos? 😊 Como me sinto? Utilizamos pictogramas, fotografías, símbolos, xestos, palabras clave e elementos manipulativos para facilitar a comprensión e a comunicación, respectando os diferentes ritmos e formas de aprender. Porque os apoios visuais non son só para quen os precisa : axúdannos a organizar o pensamento, anticipar as actividades, favorecer a autonomía, mellorar a atención e facer da aula un espazo máis accesible para todas e todos. 🎒 Cada mañá preparamos a mochila. 👣 Cada día damos un paso. ⭐ E entre todos e todas chegamos un pouquiño máis lonxe. Bo Camiño!

Proxecto piratas

Imaxe
 Benqueridos e benqueridas burbuller@s! Hoxe traio un material especial para traballar acerca dos piratas na etapa de infantil. Dende xogos ata un pequeno proxecto que irei ampliando a medida que os nosos nenos e nenas vaian rematando as tarefas correspondentes. Espero que vos sexa de moita utilidade e se o empregades, mo fagades saber para ir mellorando pouco a pouco os recursos subidos. Un saúdo e imos a pola semana.   Almanaque Ods Dominó  Baralla pirata    Tarxetas lecto Pasaporte pirata Proxecto pirata Vocabulario pirata Asamblea pirata manipulativa. Abecedario pirata

Proyecto ArdeCasás

Imaxe
 Bos días queridos burbulleros e burbulleras! Hai moitas cousas polas que empezar este curso emocionados e emocionadas. No meu cole este ano Arderá algo.. o que? aínda non o sabedes pero de seguro que non pasará desapercibido.  Comparto con vós unha serie de documentos relacionados co Proxecto deste ano. A medida que se vaian facendo cousiñas subireinas, na medida do posible. Se o empregades na aula gustaríame ver esas fotos coas vosas impresións e a dos vosos nenos e nenas.  Se a alguén se lle ocurre algo para traballar que mo faga saber e así poder artellar outras cousiñas. Espero que desfrutárades moito do voso verán e... vémonos nas aulas!  

El calendario

Buenas tardes burbulleros/as! Hoy sigo publicando el material de los que hablé la semana pasada del Grupo Adapta. Os traigo un material para trabajar las medidas de tiempo: los días, las semanas, los meses.... integrado dentro de una asamblea para dar más protagonismo al diálogo, la escucha activa y la resolución pacífica de problemas. Como siempre, el material está en mayúsculas y en minúsculas y podréis encontrarlo tanto aquí como en los blogs de mis compañeras. Espero que os sea de utilidad. Un saludo y buena semana.

Vida de Picasso

Bos días! Seguimos elaborando material para o proxecto de Picasso. Este venres, como era final de mes, adicámolo a un xogo para introducir a vida de Picasso. De igual modo, xa elaboramos as asambleas de infantil e a axenda coa temática de Picasso para ir introducindo a mesma en todos os cursos. Espero que vos guste e vos sexa de utilidade. Un saúdo. Asamblea: Axenda:

Atendemos á diversidade con Genially

Boas tardes Burbuller@s! Hoxe, vos traio un exemplo que podemos levar as nosas aulas para calquera alumno e alumna das etapas de Educación Infantil e Primaria. Por unha banda, déixovos unha asamblea e, polo outro, dúas axendas, para que teñan unha boa estruturación das clases, materias ou áreas que teñan ese día seleccionado. Espero que vos sexa de utilidade. Podedes facer calquera aportación que vos pareza ben nesta mesma entrada. Un saúdo.

Proxecto dinosaurios

Bos días burbuller@s! Hoxe vos traio un material elaborado en Genial.ly para facer a asamblea dunha forma moito máis lúdica e visual coa temática dos dinosaurios. Espero que vos guste moito e disfrutedes dela, tanto, como os meus nenos/as o fan no noso cole. Ireivos deixando material neste apartado sobre a temática. Un saúdo Xogos: