Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Galego

O outono peta na porta

Imaxe
 Cando as follas comezan a cambiar de cor e o aire faise máis fresco, o Camiño de Santiago transfórmase nun escenario máxico cheo de historias, aromas e novas aprendizaxes. Coa chegada desta nova estación, damos o pistoletazo de saída á segunda etapa do noso proxecto anual arredor do Camiño de Santiago , centrándonos de cheo no Outono . Despois de arrancar esta viaxe con moita ilusión, presentamos agora a nosa Unidade Didáctica do Outono , un conxunto de actividades e recursos deseñados para conectar o noso alumnado coa contorna natural, a cultura e as tradicións que envolven a ruta xacobea nesta época do ano. Nesta etapa do camiño, aproveitamos os elementos típicos do outono para integrar diferentes áreas de aprendizaxe de xeito interdisciplinar: Natureza e Contorna: Exploramos as mudanzas na paisaxe galega e no Camiño (as castañas, o mofo, a caída das follas, os fungos e a fauna da estación). Tradición e Patrimonio: Descubrimos celebracións e costumes ligados ao outono galego a...

Dinámicas de inicio de curso para Infantil e Primaria

Imaxe
Un novo curso é sempre o comezo dunha nova etapa… e este ano temos un camiño moi especial por diante!   Co inicio do curso chega tamén o momento de reencontrarnos, coñecernos, recuperar rutinas, crear vínculos e descubrir todo o que imos vivir xuntos nos vindeiros meses. E que mellor maneira de facelo que poñéndonos en camiño? Este curso, o noso proxecto anual xira arredor do Camiño de Santiago , unha temática que nos permitirá converter o centro nun auténtico espazo de aventura, descubrimento e aprendizaxe. Por iso preparei un conxunto de dinámicas de inicio de curso para Educación Infantil e Educación Primaria , todas elas ambientadas no Camiño e pensadas para que os primeiros días sexan unha oportunidade para coñecernos, expresarnos, compartir, sentirnos parte do grupo e comezar a construír a nosa propia ruta . Un camiño que comeza en setembro. Porque antes de chegar a Santiago hai que dar o primeiro paso… As primeiras xornadas de curso son fundamentais para favorecer un bo clim...

O noso abecedario do camiño de Santiago

Imaxe
  Aprendemos as letras… facendo Camiño! No noso proxecto “Bo Camiño!” , o abecedario convértese nunha nova aventura. Cada letra achéganos a unha palabra, un lugar, un símbolo, unha tradición ou un elemento relacionado co Camiño de Santiago e coa nosa terra . 💙💛 A de… albergue B de… bastón C de… Camiño D de… desafío E de… Estrela E así, letra a letra, imos construíndo o noso propio abecedario peregrino . 🌟 Un recurso pensado para xogar coas palabras, ampliar vocabulario, favorecer a conciencia fonolóxica e achegarnos á cultura galega , sempre desde unha proposta visual, significativa e accesible para todo o alumnado. 🧩💬 👣 Porque aprender tamén é camiñar, descubrir e compartir. Bo Camiño! 💙

Asamblea: Proxecto Camiño de Santigo

Imaxe
  Este curso comezamos a camiñar xuntos por unha aventura moi especial: o Camiño de Santiago . E para que todas e todos poidamos participar, comprender, anticipar e expresarnos , a nosa asamblea incorpora apoios visuais como parte esencial da rutina. 🗓️ Que día é hoxe? 🌦️ Que tempo fai? 📅 En que mes estamos? 😊 Como me sinto? Utilizamos pictogramas, fotografías, símbolos, xestos, palabras clave e elementos manipulativos para facilitar a comprensión e a comunicación, respectando os diferentes ritmos e formas de aprender. Porque os apoios visuais non son só para quen os precisa : axúdannos a organizar o pensamento, anticipar as actividades, favorecer a autonomía, mellorar a atención e facer da aula un espazo máis accesible para todas e todos. 🎒 Cada mañá preparamos a mochila. 👣 Cada día damos un paso. ⭐ E entre todos e todas chegamos un pouquiño máis lonxe. Bo Camiño!

💜 8 de marzo: educar en igualdade dende a escola

  O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller , unha data que nos invita a reflexionar, aprender e actuar. Pero máis alá dunha celebración puntual, esta xornada é unha oportunidade educativa para reforzar valores fundamentais como o respecto, a xustiza e a igualdade. Dende a escola, especialmente en Educación Primaria , temos a responsabilidade de acompañar ao noso alumnado na construción dunha mirada crítica e igualitaria sobre o mundo. É nas idades temperás onde se forman as crenzas, os referentes e as expectativas de futuro. Por iso, o traballo arredor do 8M debe ser significativo, adaptado á idade e conectado coa realidade da aula. Por que é importante traballalo en Primaria? Porque: Axuda a identificar e cuestionar estereotipos de xénero. Dá visibilidade ás achegas das mulleres ao longo da historia. Favorece relacións baseadas no respecto e na equidade. Contribúe á prevención de micromachismos dende idades temperás. Moitas veces, os micromachismos aparecen de mane...

Lince

Imaxe
 Boas tardes burbulleros/as! Hoxe traio un xogo para traballar a atención, tanto se temos como non lecto-escritura. Déixovos un lince coa temática de Samaín para ir tremendo pouco a pouco durante este mes de outubro e de paso... traballar un pouco vocabulario sobre esta noite terrorífica. Bo Samaín burbulleras/os! castellano

Día contra o acoso escolar!

Imaxe
 Durante a vindeira semana celebraremos o día Contra o acoso escolar. Se queres implementar algunha dinámica ou actividade a través de vídeos como o Sándwich de Mariana, pasade polo enlace para descargar estas actividades e fichas de reflexión e concienciación. Van dirixidas a todo o alumnado de Infantil e primaria. Espero que vos sexan de utilidade!  Boa tarde burbuller@s Primaria Infantil

Lecturas comprensivas

Imaxe
 Ola burbuller@s! Hoxe pásome polo blogue para deixarvos unhas pequenas acividades de comprensión lectora. Son lecturas pequenas con unha pequena comprobación do nivel de comprensión para os nosos/as alumnos/as. A idea é que vos sirvan de exemplos para crear as vosas propias. Espero que vos sirvan tanto para aplicar como para inspirarvos a crear as vosas propias. Bo martes compañeir@s.

O antigo imperio romano vístese de outono!

Imaxe
 Chegou o outono e con el o Deus Plutón, deus do inframundo, e os demais deuses e deusas do Olimpo están desexosos de que os axudedes a descubrir novas cousiñas sobre esta estación. Estades preparados para asumir o reto? Preme nas imaxes para descargar o material da unidade de outono dentro do proxecto de Arde Casás.

Xa chegou o outono!

Imaxe
 Chegou o outono e con el o capitán Quitín e a tripulación do Barco Abaquín están desexosos de que os axudedes a descubrir novas cousiñas sobre esta estación. Estades preparados para asumir o reto? Preme nas imaxes para descargar o material da unidade de outono dentro do proxecto dos piratas. Boa semana burbuller@s!

Proxecto piratas

Imaxe
 Benqueridos e benqueridas burbuller@s! Hoxe traio un material especial para traballar acerca dos piratas na etapa de infantil. Dende xogos ata un pequeno proxecto que irei ampliando a medida que os nosos nenos e nenas vaian rematando as tarefas correspondentes. Espero que vos sexa de moita utilidade e se o empregades, mo fagades saber para ir mellorando pouco a pouco os recursos subidos. Un saúdo e imos a pola semana.   Almanaque Ods Dominó  Baralla pirata    Tarxetas lecto Pasaporte pirata Proxecto pirata Vocabulario pirata Asamblea pirata manipulativa. Abecedario pirata

Pasapalabra de la paz

Imaxe
 Boas burbulleros e burbulleras! Hoxe seguimos completando a celebración do Día da paz. Hoxe tráiovos un pasapalabra con esta temática. Tedes todas as instrucións na imaxe. Pinchade e descargade o voso. Se tedes algunha dúbida preguntade, que para iso estamos! Un saúdo e bo finde.

Aproxímase o Día da Paz

Imaxe
 O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o día internacional da paz e non violencia. É un día para aproveitar, ademais de todo o curso, para incidir nestes aspectos. Este ano decidimos traballar a figura de Malala. Nas diferentes imaxes pinchade para descubrir o material elaborado para traballar en cada etapa. Espero que vos sexa de utilidade. Boa tarde burbuller@s! Audio conto con imaxe Castellano:

Indispensables Nadal

Imaxe
 Benqueridos compañeiros e compañeiras! Entramos na recta final deste primeiro trimestre. Comparto con vós unhas actividades para estes días de transición para acabar o trimestre e dar a benvida as vacacións de Nadal. Espero que vos sexan de utilidade. Unha aperta!

Ao trivial xogando e os contidos reforzando

Imaxe
 Ola compañeiras e compañeiros! Hoxe é domingo e toca descansar, desfrutar coa familia e... porque non... xogar un pouquiño. Que tal viría un xogo de mesa para repasar os contidos dos dous primeiros temas das áreas de terceiro de Educación Primaria? Déixovos un trivial para traballar tanto na casa (eu vouno mandar de empréstito para as familias os fines de semana, por se lles apetece xogar unha miguiña) como no cole. Tanto as instrucións do xogo como os materiais para montar o mesmo está no documento que teredes pinchando na imaxe. Espero que vos sexa de utilidade e desfrutade.  Se o empregades encataríame ver as fotos de como vos quedou! Bo domingo!

A primavera de Francisco del Riego

Estamos a piques de chegar á semana grande de Galicia, á semana que adicamos a un grande das nosas verbas e coma todos os maios celebramos o día grande da nosa LINGUA. Por iso tráivos esta actividade que engloba a todo o alumnado desde infantil a 6º de educación primaria. Espero que vos sexa de moita utilidade. Un saúdo e bos días burbuller@s.

Break out: Período Expresionista

Ola Burbulleros/as. Estou de niovo por aquí para traervos o xogo que realizaremos o luns día 30 no meu centro. Relacionamos o día da Paz co cadro "El Guernica" de Pablo Picasso. Deste xeito relacionamos o noso proxecto de biblio coas conmemoracións do noso calendario escolar. Espero, como en outras ocasións que sexa do voso interese. Un saúdo. Primaria:

Proxecto Picasso

Ola burbulleros/as! Pásome hoxe polo blogue para traervos un pequeno proxecto que estou elaborando para traballar a figura de Picasso xa que, como ben sabedes, este ano celébrase o cincuenta aniversario da súa morte. Espero que vos sirva e que sexa de utilidade. Seguirei subindo o material que siga elaborando. Un saúdo.

Semana das múltiples capacidades

Bos días a todos e todas! Esta semana celébrase o Día das "Múltiples Capacidades" polo que vos deixo un pequeno conto e unha ficha para traballar co voso alumnado se as considerades de interese. Nesta mesma entrada tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional. Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade. A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL. Tedes o material a vosa disposición en lingua galega e en castelán. Boa semana Burbulleros e burbulleras. Galego: Castelán:

Vida de Picasso

Bos días! Seguimos elaborando material para o proxecto de Picasso. Este venres, como era final de mes, adicámolo a un xogo para introducir a vida de Picasso. De igual modo, xa elaboramos as asambleas de infantil e a axenda coa temática de Picasso para ir introducindo a mesma en todos os cursos. Espero que vos guste e vos sexa de utilidade. Un saúdo. Asamblea: Axenda: