Dinámicas de inicio de curso para Infantil e Primaria
Un novo curso é sempre o comezo dunha nova etapa… e este ano temos un camiño moi especial por diante!
Co inicio do curso chega tamén o momento de reencontrarnos, coñecernos, recuperar rutinas, crear vínculos e descubrir todo o que imos vivir xuntos nos vindeiros meses.
E que mellor maneira de facelo que poñéndonos en camiño?
Este curso, o noso proxecto anual xira arredor do Camiño de Santiago, unha temática que nos permitirá converter o centro nun auténtico espazo de aventura, descubrimento e aprendizaxe.
Por iso preparei un conxunto de dinámicas de inicio de curso para Educación Infantil e Educación Primaria, todas elas ambientadas no Camiño e pensadas para que os primeiros días sexan unha oportunidade para coñecernos, expresarnos, compartir, sentirnos parte do grupo e comezar a construír a nosa propia ruta.
Un camiño que comeza en setembro. Porque antes de chegar a Santiago hai que dar o primeiro paso… As primeiras xornadas de curso son fundamentais para favorecer un bo clima de aula, establecer vínculos afectivos, coñecer as características e intereses do alumnado e recuperar progresivamente as rutinas escolares.
As propostas están deseñadas desde unha perspectiva lúdica, participativa e inclusiva, buscando que todo o alumnado poida atopar o seu lugar no grupo e participar segundo as súas posibilidades.
O Camiño convértese así nunha fermosa metáfora para traballar aspectos como:
- Coñecemento persoal
- Cohesión de grupo
- Comunicación e expresión emocional
- Pertenza ao grupo e ao centro
- Respecto pola diversidade
- Expectativas e motivación ante o novo curso
- Autonomía e responsabilidade
- Cooperación e axuda entre iguais.


.png)
Comentarios
Publicar un comentario