Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Nadal

Semana de Nadal

Xa queda pouco para as vacacións e, polo tanto, tamén debemos xogar aprendendo e aprender xogando. Traiovos un recopilatorio de actividades para traballar a lecto escritura, a atención, as matemáticas e o vocabulario básico desta época do ano. Espero que vos sexa de utilidade e poidades aproveitalo. Tedes o material dispoñible para descargar en galego e en castelán. Bo final de trimestre burbuller@s.

E chegou o Nadal

E chegou a fin de semana e casi a última semana antes de Nadal, das desexadas vacións para os máis pequenos. Traio hoxe unha colección de xogos para traballar o vocabulario, a atención sostida, a ortgrafía... dunha forma lúdica aproveitando a época na que estamos. Espero que vos sexa de moita utilidade. Nos xogos só tedes que descargar e xogar, están feitos con power point e non é necesario a súa impresión. No caso do Dooble ou das tarxetas de vocabulario a miña recomendación é imprimilas e que as manipulen para despois poder xogar ao resto de xogos. Aproveito a ocasión para compartir tamén unha Unidade Didáctica feita por Cristina Corral Soilán sobre O Apalpador. Nela, encontraredes actividades que de seguro vós encantarán. Un saúdo Burbulleiros e burbulleiras.