Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta lengua gallega

Seguimos con lecturas comprensivas

Imaxe
De una manera lúdica también podemos trabajar la comprensión lectora. Se trata de una serie de tarjetas para trabajar a nivel de 1º de Educación Primaria.  Os dejo unos ejemplos por si os pueden servir para crear las vuestras propias o para implementarlas en el aula. Espero que os sean de mucha utilidad! Buenas tardes burbuller@s! Galego Castellano

Lecturas comprensivas

Imaxe
 Ola burbuller@s! Hoxe pásome polo blogue para deixarvos unhas pequenas acividades de comprensión lectora. Son lecturas pequenas con unha pequena comprobación do nivel de comprensión para os nosos/as alumnos/as. A idea é que vos sirvan de exemplos para crear as vosas propias. Espero que vos sirvan tanto para aplicar como para inspirarvos a crear as vosas propias. Bo martes compañeir@s.

Semana das Múltiples capacidades

Imaxe
 Bos días a todos e todas! A semana que ven celébrase o Día das "Múltiples Capacidades" polo que vos deixo un pequeno conto e unha ficha para traballar co voso alumnado se as considerades de interese. Na entrada do ano pasado tamén tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional. Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas de convivenvia que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade. A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL. Tedes o material a vosa disposición premendo na seguinte imaxe:

Temas 2 de linguas e ciencias naturais

Imaxe
  Ola burbulleros/as. Como foi a semana? Déixovos por aquí 3 documentos relativos aos segundos temas de Ciencias Naturais, Lengua e Lingua. Durante este ano compartireivos material tanto de PT como de estas tres áreas de 3º de primaria. Espero que vos sexa de utilidade. Para visualizar ou descargar calquera de estes documentos pinchade en cada unha das imaxes. Recordade que debedes imprimir e recortar para cada alumno/a que teñades na vosa aula xa que é material de apoio para estudar, repasar contidos e facilitar a adquisición das aprendizaxes. Un saúdo e bo fin de semana!

Chegamos a terceiro!

Imaxe
 Ola burbulleros/as. Fai moito que non vos conto sobre a miña traxectoria e veño hoxe cargada de apoios visuais para facer máis sinxelas as nosas clases e organizar un pouco as libretas do noso alumnado. Déixovos por aquí 3 documentos relativos aos primeiros temas de Ciencias Naturais, Lengua e Lingua. Durante este ano compartireivos material tanto de PT como de estas tres áreas de 3º de primaria. Espero que vos sexa de utilidade. Para visualizar ou descargar calquera de estes documentos pinchade en cada unha das imaxes. Recordade que debedes imprimir e recortar para cada alumno/a que teñades na vosa aula xa que é material de apoio para estudar, repasar contidos e facilitar a adquisición das aprendizaxes. Un saúdo e boa ponte... Se a tedes!

Xogamos coa lingua

Imaxe
  Boas burbuller@s! Durante esta temporada estiven creando material que vos pode resultar útil para repasar diferentes aspectos da lingua. Hoxe, traiovos unha xogo de mesa con cartas para repasar sobre todo as sílabas. Está destinado ao alumnado, sobre todo, de 1º de EP pero se tedes algún ou algunha alumna con desfase curricular ou á que lle coste entender esta fragmentación, de seguro que xogando entende un pouco mellor o procedemento. Espero que vos sexa de utilidade. Déixovos o taboleiro tanto en castelán como en galego.

Imos de viaxe

Imaxe
Bo día burbulleros/as. Hoxe traiovos un proxecto que levamos a cabo na aula ordinaria con dúas AC cun nivel de competencia curricular de 1º de EP. Neste proxecto traballaremos os medios de transporte, as unidades de medida do tempo, repasaremos as ciencias sociais, as profesións, o sistema monetario... Chega unha nova aventura a nosa aula e compartímola con vos. Espero que vos guste. Bo final de curso.

Chega fin de curso

Boas tardes burbuller@s! Chegados a este punto podemos dicir que xa pouco queda para as ansiadas vacacións estivais. Preparei varias cousiñas para facer nestes días, algo lúdico para repasar contidos deste ano e recordar xogando que sempre beneficia ao noso alumnado. Espero que vos sexa de moita utilidade e poidades facer uso del para desfrute do voso alumnado. Está dirixido, o material interactivo de infantil a 4º de Educación Primaria e as fichas (que tedes en branco e negro e a toda cor) de infantil a 6º. Pronto estará tamén en lingua castelá. Comorecompensas das paisaxes de aprendizaxe tedes: oca, parchís, dobble e uno, todos coa temática dos Pitufos. Un saúdo! INFANTIL: PRIMARIA: OCA 3º CICLO; En castellano:

Proxecto dinosaurios

Bos días burbuller@s! Hoxe vos traio un material elaborado en Genial.ly para facer a asamblea dunha forma moito máis lúdica e visual coa temática dos dinosaurios. Espero que vos guste moito e disfrutedes dela, tanto, como os meus nenos/as o fan no noso cole. Ireivos deixando material neste apartado sobre a temática. Un saúdo Xogos:

Receitas pola paz

Bos días burbuller@s! Hoxe pásome, despois de algún tempo preparando material, para anticiparvos unha actividades de Escritura Creativa para o alumnado de Educación Primaria para celebrar o día da Paz. Trátase de elaborar diferentes receitas cos ingredientes que se aportan nas últimas follas do documento. Espero que vos sexa de utilidade.

Centros de interese

Boas tardes burbuller@s! Para moitos e moitas dos nosos alumnos é complicado acceder á lecto-escritura por iso, e sempre fiel a miña visión da aprendizaxe partindo do visual e dos centros de interese, preséntovos diferentes temáticas para traballar e adquirir de forma máis lúdica o vocabulario. A miña intención é que o meu alumnado adquira este vocabulario pero asociándoo a unha grafía. Espero que vos sexa de utilidade. O material está tanto en galego como en castelán. Un saúdo. En minúsculas:

Bibliotecas para todas e todos!

Nesta sección iranse incorporando novas propostas de lectura. Estade moi atentos as novas incorporacións xa que serán traballos colaborativos con outros mestres e mestras. Un saúdo burbuller@s!

As paisaxes de aprendizaxe

Hoxe tráivos unha pequena actividade globalizada convertida en Breakout para repasar todos os contidos de 2º de Educación Primaria. Deberán resolver os retos, conseguir recompensas ata chegar a abrir un candado para conseguir o premio final.... Atréveste a poñer a proba a todas e todos os teus alumn@s? Imos alá

Globalizado

Hoxe traiovos un pequeno xogo onde traballaremos: lectura comprensiva con apoio pictográfico, atención, razoamento lóxico matemático e conteo entre outros aspectos. Para este material escollín os monstros de Classdojo xunto con outros encontrados na rede así como os pictogramas de Arasaac para facer o apoio na comprensión. Espero que vos sexa de utilidade para co voso alumnado.Tédelo en galego e en castelán. Boa tarde de sábado burbuller@s.

Os seres vivos: os animais

Esta semana o meu alumnado ten que estudar os sseres vivos. Prepareilles un material para estudar e practicar, con moito apoio visual para intentar que interioricen o máis posible os contidos que temos que traballar. Espero que vos poida servir de utilidade tamén para o voso alumnado. Bo final de domingo!! Un saudo burbuller@s

Ciencias Naturais e Ciencias Sociais; Tema 1

Buenas noches compañeras y compañeros! Cómo llevamos la semana? Esta semana llena de cambios... Espero que todos y todas sigais, dentro de las posibilidades que tenemos, con la misma ilusión. Estuve burbujeando esta semana y os traigo novedades. Queréis saber que os traigo? Con la finalidade de favorecer el aprendizaje nos apoyamos en lo visual. Hoy os traigo un material para trabajar el primer tema de Ciencias Naturales y de Ciencias Sociales de 2º de Educación Primaria. La mayoría de nuestros coles lo damos en Lengua Gallega pero.... igual también puede ser útil para otros y otras compañeras, en lengua castellana. Tenéis a vuestra disposición las dos versiones. A disfrutar de los llaveros de aprendizaje. Espero que sean de vuestra utilidad. Un saludo!!!