Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xacobeo27

O noso abecedario do camiño de Santiago

Imaxe
  Aprendemos as letras… facendo Camiño! No noso proxecto “Bo Camiño!” , o abecedario convértese nunha nova aventura. Cada letra achéganos a unha palabra, un lugar, un símbolo, unha tradición ou un elemento relacionado co Camiño de Santiago e coa nosa terra . 💙💛 A de… albergue B de… bastón C de… Camiño D de… desafío E de… Estrela E así, letra a letra, imos construíndo o noso propio abecedario peregrino . 🌟 Un recurso pensado para xogar coas palabras, ampliar vocabulario, favorecer a conciencia fonolóxica e achegarnos á cultura galega , sempre desde unha proposta visual, significativa e accesible para todo o alumnado. 🧩💬 👣 Porque aprender tamén é camiñar, descubrir e compartir. Bo Camiño! 💙

Asamblea: Proxecto Camiño de Santigo

Imaxe
  Este curso comezamos a camiñar xuntos por unha aventura moi especial: o Camiño de Santiago . E para que todas e todos poidamos participar, comprender, anticipar e expresarnos , a nosa asamblea incorpora apoios visuais como parte esencial da rutina. 🗓️ Que día é hoxe? 🌦️ Que tempo fai? 📅 En que mes estamos? 😊 Como me sinto? Utilizamos pictogramas, fotografías, símbolos, xestos, palabras clave e elementos manipulativos para facilitar a comprensión e a comunicación, respectando os diferentes ritmos e formas de aprender. Porque os apoios visuais non son só para quen os precisa : axúdannos a organizar o pensamento, anticipar as actividades, favorecer a autonomía, mellorar a atención e facer da aula un espazo máis accesible para todas e todos. 🎒 Cada mañá preparamos a mochila. 👣 Cada día damos un paso. ⭐ E entre todos e todas chegamos un pouquiño máis lonxe. Bo Camiño!