Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ArdeCasás

Dereitos dos nenos e nenas

Imaxe
Bos días Burbuller@s!  Dentro do noso proxecto ArdeCasás veño cunha pequena actividade de aula para recordar os nosos dereitos e relacionado coas ods agora que se acerca o 20 de novembro. Esta idea ven dunha actividade proposta por MI COLE DIVERTIDO (micoledivertido2020.blogspot.com) Diana e Carol plantean esta actividade dentro do seu proxecto, anímovos a consultar tamén a súa páxina. Se empregades esta actividade comentádeme como foi e se algo calou nos nenos e nenas.

O antigo imperio romano vístese de outono!

Imaxe
 Chegou o outono e con el o Deus Plutón, deus do inframundo, e os demais deuses e deusas do Olimpo están desexosos de que os axudedes a descubrir novas cousiñas sobre esta estación. Estades preparados para asumir o reto? Preme nas imaxes para descargar o material da unidade de outono dentro do proxecto de Arde Casás.

Proyecto ArdeCasás

Imaxe
 Bos días queridos burbulleros e burbulleras! Hai moitas cousas polas que empezar este curso emocionados e emocionadas. No meu cole este ano Arderá algo.. o que? aínda non o sabedes pero de seguro que non pasará desapercibido.  Comparto con vós unha serie de documentos relacionados co Proxecto deste ano. A medida que se vaian facendo cousiñas subireinas, na medida do posible. Se o empregades na aula gustaríame ver esas fotos coas vosas impresións e a dos vosos nenos e nenas.  Se a alguén se lle ocurre algo para traballar que mo faga saber e así poder artellar outras cousiñas. Espero que desfrutárades moito do voso verán e... vémonos nas aulas!