Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

Últimos días de clase....

Para finalizar este curso cheo de emoción traiovos un Itinerario de aprendizaxe baseado na película Inside Out. Poderedes repasar co voso alumnado do 2º ciclo de EI e de 1º de EP as emocións ao mesmo tempo que xogan para conseguir un premio final acumulando díxitos para abrir a última recompensa. Espero que disfruten moito porque, sexan superheroes ou non, son nenos con dereito a xogar mentras aprenden.

Escritura creativa

Hoxe traiovos un documento cuia idea parte da conta de IG @dibi_dipropre_dibu.Ten dúas dinámicas para traballar escritura creativa e facer unha conclusión do curso reflexionando sobre o vivido, como nos sentimos, que queremos recordar e que queremos esquecer para sempre. Do mesmo xeito Tamén valorar se acadamos as nosas metas, as que nos propuxeramos a principio de curso. Déixovola en cor e en branco e negro. Se a precisades en castelán non dubidedes en visitar esta páxina de Instagram. Disfrutádeo.