Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

Semana da Constitución e o Estatuto de autonomía

Imaxe
 Benqueridos e benqueridas burbulleros/as! Estou hoxe por aquí para traervos algunha aportación a esta semana da celebración da Constitución e o Estatuto de Autonomía.  Esta actividade está destinada, sobre todo a 2º e 3º ciclo de Primaria pero se hai boa comprensión e podedes introducilo sería xenial. Espero que vos sirva! Un saúdo e boa semana!

Semana das Múltiples capacidades

Imaxe
 Bos días a todos e todas! A semana que ven celébrase o Día das "Múltiples Capacidades" polo que vos deixo un pequeno conto e unha ficha para traballar co voso alumnado se as considerades de interese. Na entrada do ano pasado tamén tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional. Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas de convivenvia que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade. A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL. Tedes o material a vosa disposición premendo na seguinte imaxe:

Ao trivial xogando e os contidos reforzando

Imaxe
 Ola compañeiras e compañeiros! Hoxe é domingo e toca descansar, desfrutar coa familia e... porque non... xogar un pouquiño. Que tal viría un xogo de mesa para repasar os contidos dos dous primeiros temas das áreas de terceiro de Educación Primaria? Déixovos un trivial para traballar tanto na casa (eu vouno mandar de empréstito para as familias os fines de semana, por se lles apetece xogar unha miguiña) como no cole. Tanto as instrucións do xogo como os materiais para montar o mesmo está no documento que teredes pinchando na imaxe. Espero que vos sexa de utilidade e desfrutade.  Se o empregades encataríame ver as fotos de como vos quedou! Bo domingo!

Temas 2 de linguas e ciencias naturais

Imaxe
  Ola burbulleros/as. Como foi a semana? Déixovos por aquí 3 documentos relativos aos segundos temas de Ciencias Naturais, Lengua e Lingua. Durante este ano compartireivos material tanto de PT como de estas tres áreas de 3º de primaria. Espero que vos sexa de utilidade. Para visualizar ou descargar calquera de estes documentos pinchade en cada unha das imaxes. Recordade que debedes imprimir e recortar para cada alumno/a que teñades na vosa aula xa que é material de apoio para estudar, repasar contidos e facilitar a adquisición das aprendizaxes. Un saúdo e bo fin de semana!