Semana das Múltiples capacidades
Bos días a todos e todas! A semana que ven celébrase o Día das "Múltiples Capacidades" polo que vos deixo un pequeno conto e unha ficha para traballar co voso alumnado se as considerades de interese.
Na entrada do ano pasado tamén tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional.
Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas de convivenvia que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade. A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL. Tedes o material a vosa disposición premendo na seguinte imaxe:
Comentarios
Publicar un comentario