Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2026

Un Samaín cheo de misterio no Camiño de Santiago con Valentiño!

Imaxe
  No noso proxecto «Bo camiño, Valentiño» , estes días estivemos preparando unha aventura moi especial na que o Camiño de Santiago se encheu de misterio, lendas, personaxes fantásticos e moita maxia… porque o Samaín tamén pode ser unha parada chea de sorpresas na nosa ruta!  A través de propostas adaptadas ás diferentes idades, desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, estamos descubrindo unha maneira diferente de achegarnos ás tradicións do outono e á celebración do Samaín, sen perder de vista o noso querido Camiño. Valentiño prepárase para unha aventura terrorificamente divertida! O noso pingüín peregrino converteuse no protagonista dunha chea de actividades nas que non faltan cabazas, castañas, ourizos, castiñeiros, néboas misteriosas, trasnos, pantasmas, esqueletos, vampiros e gatos negros. Todo un universo de personaxes e elementos que nos permite xogar co vocabulario, desenvolver a imaxinación e coñecer mellor as tradicións da nosa contorna. Lendas, historia...