Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Picasso

Proxecto Arte de Aprender

Bos días burbulleros/as. Hoxe con moita iusión preséntovos o proxecto anual de "A arte de Aprender" centrado na figura de Picasso. É un proxecto que se irá completando a medida que vaia pasando o curso pero como mañá é o día da muller preséntovos hoxe o proxecto por si algunha das achegas a este tema pode ser do voso interese. O proxecto tédelo a vosa disposición tanto en lingua galega como en lingua castelá. Dentro de este documento poderedes atopar a presentación do proxecto ligado ás áreas de Educación Primaria e Infantil, proxecto para educación inkfantil, xogos para presentar ass diferentes etapas pictóricas e material anexo para traballar as conmemoracións do calendario escolar, asamblea e axenda con temática de arte.... Espero que vos sexa de moita utilidade. Boa semana burbuller@s.

Break out: Período Expresionista

Ola Burbulleros/as. Estou de niovo por aquí para traervos o xogo que realizaremos o luns día 30 no meu centro. Relacionamos o día da Paz co cadro "El Guernica" de Pablo Picasso. Deste xeito relacionamos o noso proxecto de biblio coas conmemoracións do noso calendario escolar. Espero, como en outras ocasións que sexa do voso interese. Un saúdo. Primaria:

Break out Picasso: período negro

Ola burbulleros/as! Ao final de cada mes facendo coincidir con venres lectivos, facemos un Break out para presentar as distintas etapas pictóricas de Picasso. Nesta ocasión tedes a vosa disposición o relacionado co Período negro. Este levámolo a cabo no centro facéndoo coincidir co Samaín. Espero que vos guste e vos aporte ideas de interese para vos e o voso alumnado. Podedes ver máis buscando a etiqueta de Picasso no buscador da páxina. Un saúdo.

Proxecto Picasso

Ola burbulleros/as! Pásome hoxe polo blogue para traervos un pequeno proxecto que estou elaborando para traballar a figura de Picasso xa que, como ben sabedes, este ano celébrase o cincuenta aniversario da súa morte. Espero que vos sirva e que sexa de utilidade. Seguirei subindo o material que siga elaborando. Un saúdo.

Vida de Picasso

Bos días! Seguimos elaborando material para o proxecto de Picasso. Este venres, como era final de mes, adicámolo a un xogo para introducir a vida de Picasso. De igual modo, xa elaboramos as asambleas de infantil e a axenda coa temática de Picasso para ir introducindo a mesma en todos os cursos. Espero que vos guste e vos sexa de utilidade. Un saúdo. Asamblea: Axenda:

Este Trasno é un caso

Bos días Burbuller@s. Un ano máis, fágome cargo da BiblioTrasno do meu centro. Este ano adicaremos o noso proxecto a Picasso. Empezamos o curso cun pequeno xogo que lles encantou. Déixovos por aquí a presentación do mesmo.