Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xogos

Que ou quen é?

Imaxe
 Boas tardes burbulleras/burbulleros! Hoxe traio un xogo para traballar estes obxectivos: Fomentar a comprensión oral e escrita a través dunhas tarxetas de imaxes Promover a capacidade de observación e atención a través do xogo Para empregar o material simplemente descarga, plastifica as tarxetas e traballa de maneira lúdica con nenas e nenos dende os 3 anos. Na etapa de Educación Infantil podemos lelas nós, traballando así a comprensión oral. Cando xa teñan adquirida a lecto escritura poden ler e contestar eles mesmos/as. Podemos facer dúas copias e na segunda poñer as respostas correctas de modo que sexan eles quenes comproben e se autoavalíen. Espero que vos sexan de utilidade! Galego Castelán

Lecturas comprensivas

Imaxe
 Ola burbuller@s! Hoxe pásome polo blogue para deixarvos unhas pequenas acividades de comprensión lectora. Son lecturas pequenas con unha pequena comprobación do nivel de comprensión para os nosos/as alumnos/as. A idea é que vos sirvan de exemplos para crear as vosas propias. Espero que vos sirvan tanto para aplicar como para inspirarvos a crear as vosas propias. Bo martes compañeir@s.

Xa chegou o outono!

Imaxe
 Chegou o outono e con el o capitán Quitín e a tripulación do Barco Abaquín están desexosos de que os axudedes a descubrir novas cousiñas sobre esta estación. Estades preparados para asumir o reto? Preme nas imaxes para descargar o material da unidade de outono dentro do proxecto dos piratas. Boa semana burbuller@s!

Proxecto piratas

Imaxe
 Benqueridos e benqueridas burbuller@s! Hoxe traio un material especial para traballar acerca dos piratas na etapa de infantil. Dende xogos ata un pequeno proxecto que irei ampliando a medida que os nosos nenos e nenas vaian rematando as tarefas correspondentes. Espero que vos sexa de moita utilidade e se o empregades, mo fagades saber para ir mellorando pouco a pouco os recursos subidos. Un saúdo e imos a pola semana.   Almanaque Ods Dominó  Baralla pirata    Tarxetas lecto Pasaporte pirata Proxecto pirata Vocabulario pirata Asamblea pirata manipulativa. Abecedario pirata

De lengua en lengua: ortografía general

Ola de novo! Hoxe traiovos un material para traballar en lingua castelá:a ortografía básica. Este xogo paréceme adecuado dende 3º de Educación primaria, para os maiores da primaria igual non porque pareceralles moi infantil. Se queredes repasar de forma lúdica... pulsade no enlace e a xogar. Un saúdo burbulleros/as.

De lengua en lengua

Ola de novo! Hoxe traiovos un material para traballar en lingua castelá: sinónimos, antónimos, o abecedario, masculino e feminino, singular e plural... Este xogo paréceme adecuado dende 3º de Educación primaria, para os maiores da primaria igual non porque pareceralles moi infantil. Se queredes repasar de forma lúdica... pulsade no enlace e a xogar. Un saúdo burbulleros/as.

Break out Picasso: período negro

Ola burbulleros/as! Ao final de cada mes facendo coincidir con venres lectivos, facemos un Break out para presentar as distintas etapas pictóricas de Picasso. Nesta ocasión tedes a vosa disposición o relacionado co Período negro. Este levámolo a cabo no centro facéndoo coincidir co Samaín. Espero que vos guste e vos aporte ideas de interese para vos e o voso alumnado. Podedes ver máis buscando a etiqueta de Picasso no buscador da páxina. Un saúdo.