Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Semana de las múltiples capacidades

Bos días burbulleras/os! Como ben sabedes, o vindeiro 3 de decembro, adícase o día á Discapacidade. Como non son moi partidaria deste nome a actividade diríxese ás capacidades, a esas múltiples que todos e todas temos e que son importantes, sexan cales sexan. Esta actividade está en castelán. A razón disto é que os contos ou audiocontos, a maioría, están nesta lingua. De todos os xeitos, esperamos que vos guste moito a actividade e xeremos no alumnado a conciencia de que un mundo diverso é máis rico e gratificante. Un saúdo e feliz Semana das Múltiples Capacidades. Esta actividade é un proxecto colaborativo entre varios membros oficiais de Sandbox Educación e coa participación de Sara León que nos deseñou a Pepe, mascota oficial do proxecto.

Dereitos da infancia

Estamos a punto de chegar ao 20 de Novembro. É o día adicado aos Dereitos da Infancia e por iso propóñovos unha serie de actividades. Tedes durante toda a proposta actividades para educación infantil e primaria. Tamén tedes uns pasatempos para traballar os dereitos para infantil e primeiro e segundo de primari. Espero que vos guste e vos sexa de utilidade. Un saúdo burbulleras/os.