Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2023

Traballamos o razoamento e a expresión oral

Imaxe
 Boas tardes burbuller@s! Seguimos compartindo. Nesta ocasión traigo un material para buscar os intrusos de cada fila. Podedes aproveitar e traballar o vocabulario ao mesmo tempo. A dinámica é moi sinxela, por filas, deberán descubrir que obxecto/animal/persoa sobra e explicar o por que da súa contestación. Ao mesmo tempo que traballamos o razoamento tamén a expresión oral. Se aínda queredes algo máis, podedes pedir que escriba unha oración coa palabra intrusa. Espero que esto tamén vos sexa de utilidade. Feliz día!

Xogamos coa lingua

Imaxe
  Boas burbuller@s! Durante esta temporada estiven creando material que vos pode resultar útil para repasar diferentes aspectos da lingua. Hoxe, traiovos unha xogo de mesa con cartas para repasar sobre todo as sílabas. Está destinado ao alumnado, sobre todo, de 1º de EP pero se tedes algún ou algunha alumna con desfase curricular ou á que lle coste entender esta fragmentación, de seguro que xogando entende un pouco mellor o procedemento. Espero que vos sexa de utilidade. Déixovos o taboleiro tanto en castelán como en galego.