Traballamos o razoamento e a expresión oral
Boas tardes burbuller@s!
Seguimos compartindo. Nesta ocasión traigo un material para buscar os intrusos de cada fila. Podedes aproveitar e traballar o vocabulario ao mesmo tempo.
A dinámica é moi sinxela, por filas, deberán descubrir que obxecto/animal/persoa sobra e explicar o por que da súa contestación.
Ao mesmo tempo que traballamos o razoamento tamén a expresión oral. Se aínda queredes algo máis, podedes pedir que escriba unha oración coa palabra intrusa.
Espero que esto tamén vos sexa de utilidade.
Feliz día!
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario