O noso abecedario do camiño de Santiago
Aprendemos as letras… facendo Camiño!
No noso proxecto “Bo Camiño!”, o abecedario convértese nunha nova aventura. Cada letra achéganos a unha palabra, un lugar, un símbolo, unha tradición ou un elemento relacionado co Camiño de Santiago e coa nosa terra. 💙💛
A de… albergue
B de… bastón
C de… Camiño
D de… desafío
E de… Estrela
E así, letra a letra, imos construíndo o noso propio abecedario peregrino. 🌟
Un recurso pensado para xogar coas palabras, ampliar vocabulario, favorecer a conciencia fonolóxica e achegarnos á cultura galega, sempre desde unha proposta visual, significativa e accesible para todo o alumnado. 🧩💬
👣 Porque aprender tamén é camiñar, descubrir e compartir.
Bo Camiño! 💙

Comentarios
Publicar un comentario