Mestra de PT e Psicopegagoga.
Alumna de mis alumnos.
Bibliotecas para todas e todos!
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Nesta sección iranse incorporando novas propostas de lectura. Estade moi atentos as novas incorporacións xa que serán traballos colaborativos con outros mestres e mestras.
Un saúdo burbuller@s!
Ola burbulleras e burbulleros! Xa sei que aínda acabamos de pechar o curso 2024-2025 pero hoxe traio algo para que empecedes a programar o voso 25-26. Eu xa teño a miña para empezala a encher de novos retos, novas actividades, cursos de formación e rexistrar ao alumnado que fará os meus días máis alegres. A axenda este ano, está por unha banda para os titores de primaria e infantil (escollede carátula e folla de rexistro do voso alumnado) e pola outra os especilistas de PT e AL (con carátulas diferentes e dous anexos ao final das mesmas por se tedes que elaborar PI e/ou dar o PELO). Por último a axenda de Orientación na que incluín apartados concretos para rexistrar diferentes aspectos que me son de utilidade no día a día e con esta intención comparto o traballo realizado. Espero que vos sexan de utilidade. A disfrutar destes días de verán que nos quedan queridos e queridas burbuller@s! Axenda de PT/AL: Axenda de Orientación: Axenda de Infantil e primaria (titorías):
Bos días burbuller@s! Hoxe vos traio un material elaborado en Genial.ly para facer a asamblea dunha forma moito máis lúdica e visual coa temática dos dinosaurios. Espero que vos guste moito e disfrutedes dela, tanto, como os meus nenos/as o fan no noso cole. Ireivos deixando material neste apartado sobre a temática. Un saúdo Xogos:
Benqueridos/as burbulleros. Hoxe imos traballar as mulleres científicas galegas para darlles visibilidade o vindeiro 11 de febreiro. Traio dúas actividades, unha é un comecocos con información relevante das mesmas e o outro é un memori para asociar cada imaxe co seu nome. Espero que vos sexa de moita utilidade para implementar na aula. Que teñades un bo domingo!
Comentarios
Publicar un comentario