Favorecemos a linguaxe natural asistida

 Boas tardes burbulleras/os!

Aos meus alumnos, ás veces cústalles comunicar o que necesitan en cada momento e a merenda paréceme un momento estupendo para poder favorecer pouco a pocuo esta linguaxe.

Hoxe traio uns salvamanteis que elaborei para o meu alumnado con divesidade funcional coa finalidade de dar ideas para que vós tamén podades favorecer a mesma.

Espero que vos sexan de utilidade. Descargade, plastificade coa foto do voso/a alumno/a e a traballar. 

NOTA: no plato da comida deberes poñer o picto ou foto real dos alimentos que traen no seu tupper todas as mañás. Durante a sesión previa á merenda podedes preparar os vosos salvamanteis para despois traballalo mentras executades a mesma.


Un saúdo



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novo curso, nova axenda!

Proxecto dinosaurios

11F