Unha ponte entre o cole e a familia
Cando nos comunicamos, acompañamos. Cando compartimos, avanzamos xuntos. ❤️
Durante o curso 2024-2025 puxemos en marcha, noso centro unha AXENDA DE COMUNICACIÓN para o o noso alumnado, un recurso pensado para favorecer unha comunicación fluída, accesible e bidireccional entre a escola e a familia.
Esta axenda permite compartir información relevante, anticipar situacións, detectar necesidades e poñer en común pequenos avances que, para cada neno e nena, poden ser grandes pasos. Porque a inclusión tamén significa crear canles de comunicación que se adapten ás persoas e ás súas necesidades.
Familia + Escola = EQUIPO
Un equipo que observa, escoita, comparte e acompaña.

Comentarios
Publicar un comentario