Novo curso, nova axenda!
Ola burbulleras e burbulleros!
Xa sei que aínda acabamos de pechar o curso 2024-2025 pero hoxe traio algo para que empecedes a programar o voso 25-26. Eu xa teño a miña para empezala a encher de novos retos, novas actividades, cursos de formación e rexistrar ao alumnado que fará os meus días máis alegres.
A axenda este ano, está por unha banda para os titores de primaria e infantil (escollede carátula e folla de rexistro do voso alumnado) e pola outra os especilistas de PT e AL (con carátulas diferentes e dous anexos ao final das mesmas por se tedes que elaborar PI e/ou dar o PELO).
Por último a axenda de Orientación na que incluín apartados concretos para rexistrar diferentes aspectos que me son de utilidade no día a día e con esta intención comparto o traballo realizado.
Espero que vos sexan de utilidade.
A disfrutar destes días de verán que nos quedan queridos e queridas burbuller@s!
Axenda de PT/AL:
Comentarios
Publicar un comentario