Planificamos o noso camiño


Todo gran camiño comeza cun primeiro paso… pero tamén cunha boa planificación! Dentro do noso proxecto “O Camiño de Santiago”, presentamos a nosa PLANTILLA DE PLANIFICACIÓN, unha ferramenta que nos axudará a organizar as nosas ideas, os nosos retos e todo aquilo que queremos descubrir ao longo desta aventura.

Porque aprender tamén é planificar, tomar decisións, organizarse, revisar o camiño e descubrir que somos capaces de chegar moito máis lonxe do que imaxinabamos. 

E neste curso temos un destino moi especial…SANTIAGO DE COMPOSTELA!

Cada actividade será unha etapa.

Cada descubrimento, unha nova frecha amarela.

Cada aprendizaxe, un paso máis.

E cada neno e nena… un peregrino/a protagonista da súa propia aventura. Preparados/as para comezar?

BO CAMIÑO, PEREGRINOS E PEREGRINAS!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nova axenda, novo proxecto

Proxecto dinosaurios

💜 8 de marzo: educar en igualdade dende a escola