Favorecemos a linguaxe natural asistida
Boas tardes burbulleras/os! Aos meus alumnos, ás veces cústalles comunicar o que necesitan en cada momento e a merenda paréceme un momento estupendo para poder favorecer pouco a pocuo esta linguaxe. Hoxe traio uns salvamanteis que elaborei para o meu alumnado con divesidade funcional coa finalidade de dar ideas para que vós tamén podades favorecer a mesma. Espero que vos sexan de utilidade. Descargade, plastificade coa foto do voso/a alumno/a e a traballar. NOTA: no plato da comida deberes poñer o picto ou foto real dos alimentos que traen no seu tupper todas as mañás. Durante a sesión previa á merenda podedes preparar os vosos salvamanteis para despois traballalo mentras executades a mesma. Un saúdo