Mestra de PT e Psicopegagoga.
Alumna de mis alumnos.
Dualizate
Obter ligazón
Facebook
Twitter
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Compártovos un Genial.ly que elaborei para un curso que impartín durante os pasados meses. Espero que encontredes solución a algunhas das vosas adaptacións do día a día.
Estamos a piques de entrar en maio e coma todos os maios celebramos o día grande da nosa LINGUA. Por iso tráivos esta actividade que engloba a todo o alumnado desde infantil a 6º de educación primaria. Espero que vos sexa de moita utilidade. Un saúdo e boa tarde burbuller@s
Boas tardes, benquerido claustro virtual! Xa estamos a 29 de xullo e moitos e moitas xa estades preparando o novo curso. Aquí vos deixo unha pequena axenda recollendo aquelas cousiñas, que creo, serán importantes para organizalo de xeito adecuado. Espero que vos sexa de utilidade. Recordade que podedes descargar a axenda e configurala como mellor vos veña. Hai apartados para infantil, primaria, PT e AL. Pronto, estará a vosa disposición a de PT secundaria tanto en galego como en castelán. Estade moi atentos. Un saúdo burbuller@s.
Bos días burbulleros/as. Hoxe con moita iusión preséntovos o proxecto anual de "A arte de Aprender" centrado na figura de Picasso. É un proxecto que se irá completando a medida que vaia pasando o curso pero como mañá é o día da muller preséntovos hoxe o proxecto por si algunha das achegas a este tema pode ser do voso interese. O proxecto tédelo a vosa disposición tanto en lingua galega como en lingua castelá. Dentro de este documento poderedes atopar a presentación do proxecto ligado ás áreas de Educación Primaria e Infantil, proxecto para educación inkfantil, xogos para presentar ass diferentes etapas pictóricas e material anexo para traballar as conmemoracións do calendario escolar, asamblea e axenda con temática de arte.... Espero que vos sexa de moita utilidade. Boa semana burbuller@s.
Comentarios
Publicar un comentario