Publicacións
Mulleres sen tanto conto!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Celebramos o día da muller cun recopilatorio de actividades para o alumnado de primaria! Esperamos dende a nosa clase de burbullas que vos poidamos aportar máis sobre as nosas mulleres, elas que debemos admirar xa que antes non se valoraron. Actividades: Na nosa clase, imos a adicarlle o día a Anna Frank. Aquí vos deixamos as actividades que realizaremos.
Aproxímase o Día da Paz
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o día internacional da paz e non violencia. É un día para aproveitar, ademais de todo o curso, para incidir nestes aspectos. Este ano decidimos traballar a figura de Malala. Nas diferentes imaxes pinchade para descubrir o material elaborado para traballar en cada etapa. Espero que vos sexa de utilidade. Boa tarde burbuller@s! Audio conto con imaxe Castellano:
Semana da Constitución e o Estatuto de autonomía
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Benqueridos e benqueridas burbulleros/as! Estou hoxe por aquí para traervos algunha aportación a esta semana da celebración da Constitución e o Estatuto de Autonomía. Esta actividade está destinada, sobre todo a 2º e 3º ciclo de Primaria pero se hai boa comprensión e podedes introducilo sería xenial. Espero que vos sirva! Un saúdo e boa semana!
Semana das Múltiples capacidades
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Bos días a todos e todas! A semana que ven celébrase o Día das "Múltiples Capacidades" polo que vos deixo un pequeno conto e unha ficha para traballar co voso alumnado se as considerades de interese. Na entrada do ano pasado tamén tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional. Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas de convivenvia que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro dun mundo repleto de diversidade. A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL. Tedes o material a vosa disposición premendo na seguinte imaxe: