Traballamos o razoamento e a expresión oral
Boas tardes burbuller@s! Seguimos compartindo. Nesta ocasión traigo un material para buscar os intrusos de cada fila. Podedes aproveitar e traballar o vocabulario ao mesmo tempo. A dinámica é moi sinxela, por filas, deberán descubrir que obxecto/animal/persoa sobra e explicar o por que da súa contestación. Ao mesmo tempo que traballamos o razoamento tamén a expresión oral. Se aínda queredes algo máis, podedes pedir que escriba unha oración coa palabra intrusa. Espero que esto tamén vos sexa de utilidade. Feliz día!