Semana das Capacidades
Bos días a todos e todas!
A semana próxima celébrase o Día das "Capacidades" polo que vos deixo unhas dinámicas para traballar co voso alumnado se as considerades de interese.
Nesta mesma entrada tedes un Genial.ly con diferentes contos que falan da diversidade funcional.
Desenvolver a empatía do noso alumnado é básico para que non teñamos que falar de problemas que están a orde do día nos nosos centros. Respecto, tolerancia e poñernos nos zapatos doutros e doutras para non ter que seguir falando de inclusión e falar de convivencia dentro de un mundo repleto de diversidade.
A diversidade depende de cada un, porque todos somos diversos e a inclusión é necesaria, pero non esquezamos que a convivencia É FUNDAMENTAL.
Moitísimas grazas
ResponderEliminarNon hai de que, espero que vos sirva. Un saúdo
ResponderEliminar