Mestra de PT e Psicopegagoga.
Alumna de mis alumnos.
Samaín 2020
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Chega o Samaín 2020 e como a cousa está difícil para facer actividades a nivel de centro aí vos deixo un pequeno recopilatorio de actividades a nivel de aula: contos, historia, xogos, bailes... Atréveste?
Moitísimas grazas. Eu non son nin de PT nin de AL, sou mestra de primeiro de primaria, pero gústanme moito as túas ideas e pódoas aplicar na miña aula sen probloema ou con algunha pequena modificación.. Fas un traballo estupendo. Moitísimas grazas por compartir.
Ola burbulleras e burbulleros! Xa sei que aínda acabamos de pechar o curso 2024-2025 pero hoxe traio algo para que empecedes a programar o voso 25-26. Eu xa teño a miña para empezala a encher de novos retos, novas actividades, cursos de formación e rexistrar ao alumnado que fará os meus días máis alegres. A axenda este ano, está por unha banda para os titores de primaria e infantil (escollede carátula e folla de rexistro do voso alumnado) e pola outra os especilistas de PT e AL (con carátulas diferentes e dous anexos ao final das mesmas por se tedes que elaborar PI e/ou dar o PELO). Por último a axenda de Orientación na que incluín apartados concretos para rexistrar diferentes aspectos que me son de utilidade no día a día e con esta intención comparto o traballo realizado. Espero que vos sexan de utilidade. A disfrutar destes días de verán que nos quedan queridos e queridas burbuller@s! Axenda de PT/AL: Axenda de Orientación: Axenda de Infantil e primaria (titorías):
Bos días burbuller@s! Hoxe vos traio un material elaborado en Genial.ly para facer a asamblea dunha forma moito máis lúdica e visual coa temática dos dinosaurios. Espero que vos guste moito e disfrutedes dela, tanto, como os meus nenos/as o fan no noso cole. Ireivos deixando material neste apartado sobre a temática. Un saúdo Xogos:
O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller , unha data que nos invita a reflexionar, aprender e actuar. Pero máis alá dunha celebración puntual, esta xornada é unha oportunidade educativa para reforzar valores fundamentais como o respecto, a xustiza e a igualdade. Dende a escola, especialmente en Educación Primaria , temos a responsabilidade de acompañar ao noso alumnado na construción dunha mirada crítica e igualitaria sobre o mundo. É nas idades temperás onde se forman as crenzas, os referentes e as expectativas de futuro. Por iso, o traballo arredor do 8M debe ser significativo, adaptado á idade e conectado coa realidade da aula. Por que é importante traballalo en Primaria? Porque: Axuda a identificar e cuestionar estereotipos de xénero. Dá visibilidade ás achegas das mulleres ao longo da historia. Favorece relacións baseadas no respecto e na equidade. Contribúe á prevención de micromachismos dende idades temperás. Moitas veces, os micromachismos aparecen de mane...
Moitísimas grazas. Eu non son nin de PT nin de AL, sou mestra de primeiro de primaria, pero gústanme moito as túas ideas e pódoas aplicar na miña aula sen probloema ou con algunha pequena modificación.. Fas un traballo estupendo. Moitísimas grazas por compartir.
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario! A idea é facer material que sexa útil para todos e todas.
ResponderEliminarUn saúdo.
Moitas grazas por compartir o teu traballo! Eu de 6º, e usarei o Quizz mañá para ver de que de acordan, e comezar unha pequena investigación!
ResponderEliminar