Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2024

Proyecto ArdeCasás

Imaxe
 Bos días queridos burbulleros e burbulleras! Hai moitas cousas polas que empezar este curso emocionados e emocionadas. No meu cole este ano Arderá algo.. o que? aínda non o sabedes pero de seguro que non pasará desapercibido.  Comparto con vós unha serie de documentos relacionados co Proxecto deste ano. A medida que se vaian facendo cousiñas subireinas, na medida do posible. Se o empregades na aula gustaríame ver esas fotos coas vosas impresións e a dos vosos nenos e nenas.  Se a alguén se lle ocurre algo para traballar que mo faga saber e así poder artellar outras cousiñas. Espero que desfrutárades moito do voso verán e... vémonos nas aulas!