Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

Día de Rosalía de Castro

Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra. Aquí vos deixo un recopilatorio cunhas actividades sinxelas para infantil e primaria. Dentro deste mismo documento tedes acceso a unhas unidades didácticas que elaboraron compañeiros doutros centros. Noraboa a eles polo gran traballo. Espero que vos guste. Sigamos burbulleando!

Os animais

Durante o curso pasado elaborei un material que vos gustou moito e a verdade é que pensei en que podería chegar a máis e traballalo doutro xeito polo que.... Agora, que como xa sabedes estou un pouco viciada con Genial.ly pasei ese material a este soporte para aproveitar todo o potencial das TICs no nosos centros. Espero que vos sexa de moita utilidade. Un saúdo e bo entroido. A burbullear!!!! Galego: Castelán:

Os seres vivos: As plantas

Ola burbulleros e burbulleras! Que tal vai o domingo? mañá é luns e quero ter ben preparado o tema da semana en Ciencias. Este material está destinado ao alumnado de 2º de EP. A teoría e a práctiva integrada nun mesmo documento que, de seguro, nos facilitará moito o traballo. nun ratiño tamén estará en lingua castelá. Un saúdo e a rematar ben esta finde. Deica logo!!

Os medios de transporte

Boas noites burbulleros! Hoxe vos traio unha actividade para Educación Infantil, primeiro de primaria e alumnado con algunha NEAE que precise de máis apoio visual coa temática dos medios de transporte. Podedes traballala nas dúas linguas: galego e castelán. Espero que vos sexa de moita utilidade e que os vosos alumnos disfruten tanto dela como os meus. Un saúdo. Ata pronto.