Que ou quen é?
Boas tardes burbulleras/burbulleros! Hoxe traio un xogo para traballar estes obxectivos: Fomentar a comprensión oral e escrita a través dunhas tarxetas de imaxes Promover a capacidade de observación e atención a través do xogo Para empregar o material simplemente descarga, plastifica as tarxetas e traballa de maneira lúdica con nenas e nenos dende os 3 anos. Na etapa de Educación Infantil podemos lelas nós, traballando así a comprensión oral. Cando xa teñan adquirida a lecto escritura poden ler e contestar eles mesmos/as. Podemos facer dúas copias e na segunda poñer as respostas correctas de modo que sexan eles quenes comproben e se autoavalíen. Espero que vos sexan de utilidade! Galego Castelán