Chegamos a terceiro!
Ola burbulleros/as. Fai moito que non vos conto sobre a miña traxectoria e veño hoxe cargada de apoios visuais para facer máis sinxelas as nosas clases e organizar un pouco as libretas do noso alumnado. Déixovos por aquí 3 documentos relativos aos primeiros temas de Ciencias Naturais, Lengua e Lingua. Durante este ano compartireivos material tanto de PT como de estas tres áreas de 3º de primaria. Espero que vos sexa de utilidade. Para visualizar ou descargar calquera de estes documentos pinchade en cada unha das imaxes. Recordade que debedes imprimir e recortar para cada alumno/a que teñades na vosa aula xa que é material de apoio para estudar, repasar contidos e facilitar a adquisición das aprendizaxes. Un saúdo e boa ponte... Se a tedes!