Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta expresión escrita

Traballamos o razoamento e a expresión oral

Imaxe
 Boas tardes burbuller@s! Seguimos compartindo. Nesta ocasión traigo un material para buscar os intrusos de cada fila. Podedes aproveitar e traballar o vocabulario ao mesmo tempo. A dinámica é moi sinxela, por filas, deberán descubrir que obxecto/animal/persoa sobra e explicar o por que da súa contestación. Ao mesmo tempo que traballamos o razoamento tamén a expresión oral. Se aínda queredes algo máis, podedes pedir que escriba unha oración coa palabra intrusa. Espero que esto tamén vos sexa de utilidade. Feliz día!

Chega o Samaín

Chega o Samaín e traiovos unha recompilación de recursos para traballar este día! Podedes bailar, cantar e incluso xogar coas tics e de maneira manipulativa. Podedes reutilzar o genially e podedes acceder ás plantillas de canva en Sandboxeducación. Accedede a súa páxina web para ver todos os recursos que compartimos. Espero que vos sexa de moita utilidade. Un saúdo tenebroso querid@s burbuller@s!

Chega fin de curso

Boas tardes burbuller@s! Chegados a este punto podemos dicir que xa pouco queda para as ansiadas vacacións estivais. Preparei varias cousiñas para facer nestes días, algo lúdico para repasar contidos deste ano e recordar xogando que sempre beneficia ao noso alumnado. Espero que vos sexa de moita utilidade e poidades facer uso del para desfrute do voso alumnado. Está dirixido, o material interactivo de infantil a 4º de Educación Primaria e as fichas (que tedes en branco e negro e a toda cor) de infantil a 6º. Pronto estará tamén en lingua castelá. Comorecompensas das paisaxes de aprendizaxe tedes: oca, parchís, dobble e uno, todos coa temática dos Pitufos. Un saúdo! INFANTIL: PRIMARIA: OCA 3º CICLO; En castellano:

Escritura creativa

Hoxe traiovos un documento cuia idea parte da conta de IG @dibi_dipropre_dibu.Ten dúas dinámicas para traballar escritura creativa e facer unha conclusión do curso reflexionando sobre o vivido, como nos sentimos, que queremos recordar e que queremos esquecer para sempre. Do mesmo xeito Tamén valorar se acadamos as nosas metas, as que nos propuxeramos a principio de curso. Déixovola en cor e en branco e negro. Se a precisades en castelán non dubidedes en visitar esta páxina de Instagram. Disfrutádeo.

PROXECTO: Xacobeo 2021.

Neste momento o alumnado está traballando a reo para investigar sobre as diferentes etapas que imos recorrer no noso Camiño "virtual". Esperemos que pronto nos deixen disfrutalo e vivencialo. De tódolos xeitos presentareivos nesta entrada todo o que se vai realizando neste senso. Estade moi atentas e atentos as novidades que se irán engadindo. Un saúdo Burbulleras/os.

Nuevo juego interactivo: "Expresión escrita"

Imaxe
Nuevo juego de expresión escrita. Para llevarlo a cabo sólo necesitamos un dado, un par de folios, un bolígrafo y un poco de creatividad. Sólo debéis levantar la carta que se corresponda con el número del dado y echándole un poco de imaginación contestar a cada una de las cuestiones que os planteo. Esta actividad está pensada para alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. Espero que os guste tanto como a mis alumnos/as. Importante: la primera versión está en lengua gallega y la segunda en lengua castellana.  Hasta pronto!! Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional .