Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2022

Unidade do inverno

Bos días! Aquí vos deixo unha unidade que engloba lecto e lóxico matemático para alumnado de infantil, 1º ciclo e alumnado con neae que o precise. Podedes acceder a descarga do material premendo na imaxe. Espero que vos sexa de utilidade. Un saúdo.

Proxecto dinosaurios

Bos días burbuller@s! Hoxe vos traio un material elaborado en Genial.ly para facer a asamblea dunha forma moito máis lúdica e visual coa temática dos dinosaurios. Espero que vos guste moito e disfrutedes dela, tanto, como os meus nenos/as o fan no noso cole. Ireivos deixando material neste apartado sobre a temática. Un saúdo Xogos:

Alumnado de integración tardía no sistema educativo español

Bos días burbulleros/as. Como marca a nosa lexislación e sempre coa finalidade de dar a mellor resposta ao noso alumnado hoxe vos deixo unha actividade para traballar o vocabulario relacionado coa escola, as cores e verbos máis habituais deses primeiros días de incorporación as nosas aulas. Espero que vos sexa de utilidade. Neste apartado iremos creando as diferentes leccións. Un saúdo.

Receitas pola paz

Bos días burbuller@s! Hoxe pásome, despois de algún tempo preparando material, para anticiparvos unha actividades de Escritura Creativa para o alumnado de Educación Primaria para celebrar o día da Paz. Trátase de elaborar diferentes receitas cos ingredientes que se aportan nas últimas follas do documento. Espero que vos sexa de utilidade.