Matemáticas divertidas

Ola burbulleros/as! Sigo adaptando material para os meus alumnos. Nesta ocasión, coa temática de Barrio Sésamo, preséntovos un xogo de matemáticas para traballar o conteo e as operacións básicas de suma e resta, todo con apoio visual. Esta e outras extensións podédelas atopar na páxina de Sandbox educación, que ademais de aporta inspiración aporta solucións enmarcadas dentro do DUA para dar resposta a todos e todas buscando unha igualdade real de oportunidades. Espero que vos sirva e, sobre todo, que se aplique na aula. Boa tarde!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto dinosaurios

Novo curso, nova axenda!

Proyecto ArdeCasás